Trece medallas para o club Neka no Campionato Provincial celebrado en Monforte

•A vindeira cita coa competición será o Open de España en Benicassim, na que cinco deportistas do Neka competirán coa selección galega

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

•Monforte de Lemos acolleu o Campionato Provincial de Taekwondo, celebrado no Pavillón Polideportivo de A Pinguela o sábado 9 de abril, co club Neka como organizador e anfitrión. Os monfortino bordaron a xornada acadando un total de 13 medallas, ademais de conseguir o primeiro posto na clasificación xeral por equipos, «algo que non conseguíamos dende había dous anos», suliñou o adestrador do Neka, José Mª Vega.

MEDALLISTAS E CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO

O club monfortino sumou cinco medallas de ouro, conseguidas por Lucía Roca, Aitor Teijeiro, Laura Álvarez, Marco García e Carlos Rey. Ademais, foron prata Daniel Areán e Carlos Fernández. O medalleiro dos de Neka completouse con 6 bronces, acadados por Marcos Salgado, Gael Trujillo, Raúl Vázquez, José Roca, Eva López Aira, e Carla Pardo.

Ademais, conseguiron a clasificación para o Campionato Galego do vindeiro día 24 de abril Daniel Pérez Tierra, Karla Novo, Iria de la Fuente, Sydney Rodríguez, e Ana López.

Por equipos, en categoría feminina o club Neka rematou a proba en segunda posición, sendo primeiros en categoría masculina.

Estes resultados supoñen un impulso para os deportistas do club Neka de cara ao Campionato Galego, que terá lugar o día 24 de abril. «Estamos moi contentos de como saíron as cousas no provincial, axuda a afrontar a seguinte proba con máis forza», precisou Vega.

5 DO NEKA, COA SELECCIÓN GALEGA NO OPEN DE ESPAÑA

Pero antes da cita coa proba autonómica, os de Neka van ter presenza no Open de España que se celebrará do 15 ao 17 de abril en Benicassim. A esta competición acuden un total de cinco deportistas, integrados no combinado da selección galega. Pola súa banda, José Mª Vega acudirá como seleccionador galego. Na modalidade de técnica, competirán na modalidade de trío junior Carlos Rey, José Roca e Álex Camba. Os tres deportistas tamén competirán en modalidade individual junior. Ademais, participará na proba de Benicassim Carlos Fernández en categoría cadete individual.

Pola súa banda, e xa en combate, estará no Open de España Junior Martínez, que competirá en peso pesado, logo de acadar o terceiro posto do podio no Campionato de España de Clubes celebrado en decembro pasado.

Os de Neka, afeitos a competir a nivel nacional, afrontar este Open con moita ilusión. «Creo que pode haber medallas, tanto en individual como en trío», comentou Vega, baseándose «no bo traballo dos rapaces e en que están evolucionando moi ben». Vega lembrou a alta participación e a gran competitividade que hai neste tipo de probas, «aínda que dende 2013 sempre trouxemos medalla», precisou.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os obradoiros do programa Cultura Viva estarán adicados a Manuel María

Seguinte Nova

As visitas ao Museo do Ferrocarril de Galicia medraron preto dun 50% nesta Semana Santa

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: