V Curso de Tecido Tradicional en Quiroga

• O 25 de abril comezará no Museo Etnográfico de Quiroga o V Curso de Tecido Tradicional, que conta cun total de 40 horas lectivas. Esta actividade desenvolverase todos os luns e mércores de 18 a 20 horas, ata o 29 de xuño.

O curso será impartido pola tecedeira de Visuña Carme Barreiro Díaz, que iniciará aos participantes nas técnicas milenarias do tecido, aproveitando as pezas do sector téxtil que se foron recollendo e rehabilitando pola zona quiroguesa dende 2007. A inscrición é de 20 euros, e o prazo remata o propio 25 de abril.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rosa Cedrón actuará o venres 15 de abril no ciclo da Filarmónica de Monforte

Seguinte Nova

Ata o 23 de abril para solicitar praza nos Campamentos de Verán da Xunta

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: