A Deputación achega 7.000 euros ao CB Val de Lemos para a compra de material deportivo dos equipos femininos

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, achegouse a Monforte para asinar o convenio de colaboración co CB Val de Lemos, e compartiu unha sesión de adestramento cos máis novos do equipo. GPCM.
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, achegouse a Monforte para asinar o convenio de colaboración co CB Val de Lemos, e compartiu unha sesión de adestramento cos máis novos do equipo. GPCM.

• A mediados deste mes, o presidente da Deputación, Darío Campos, visitou Monforte para asinar o convenio de colaboración coa presidenta do CB Val de Lemos, Ana Arias, polo que a entidade provincial financia con 7.000 euros a compra da equipación dos equipos femininos.

O CB VAL DE LEMOS DUPLICOU A CANTEIRA NESTES DOUS ANOS

Campos Conde explicou a importancia do apoio da Deputación para o desenvolvemento da actividade do CB Val de Lemos, «que en dous anos vén de duplicar a súa canteira de deportistas».

Pola súa banda, Ana Arias precisou que a achega destinarase a «comprar material deportivo, como chándales, camisetas, mochilas, anoraks, para que os nosos deportistas poidan competir en igualade de condicións que o resto».

Darío Campos Conde, que estivo acompañado polo alcalde de Monforte, José Tomé, e o deputado Álvaro Santos, acompañou aos máis novos do CB Val de Lemos durante un adestramento no pavillón do IES Río Cabe. O mandatario provincial e o rexedor local non dubidaron en participar na sesión de tiro a canasta xunto aos xoves deportistas do CB Val de Lemos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Alfa Auriga CB Sarria completou a súa primeira tempada en Primeira División

Seguinte Nova

DAVID AMARO LOSADA, DO IES A PINGUELA, PRATA NO CAMPIONATO GALEGO DE ORIENTACIÓN.

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: