A XXIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón celebrarase na fin de semana do 14 e 15 de maio

 

•Na noite do sábado terá lugar o Pantón Rock, a partir das 21,00 horas, coa actuación de Los Suaves, La Fuga, Gin Toni’s e ADN

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, presentou a XXIII Mostra de Viños na adega Casa Moreiras, na parroquia de Siós. EC
O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, presentou a XXIII Mostra de Viños na adega Casa Moreiras, na parroquia de Siós. EC

• A XXIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón adiántase este ano a mediados do mes de maio. Según explicou o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, a feira do viño de Pantón celebrarase na fin de semana do 14 e 15 de maio. Álvarez presentou o programa festivo na adega Casa Moreiras, situada no lugar de Siós, e que está considerada como a adega máis antiga de Galicia. O alcalde de Pantón precisou que a Mostra faise coincidir este ano cun evento musical, o Pantón Rock, organizado pola Asociación Cultural Esperelo coa colaboración do Concello de Pantón.

PROGRAMA FESTIVO PARA A XORNADA DO SÁBADO 14 DE MAIO

A XXIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón iniciarase o sábado 14 de maio ás 12,00 horas, coa emisión en directo dende o recinto feiral do programa «Coñecer Galicia», da Radio Galega. Xa á unha da tarde, terá lugar a inauguración oficial da Mostra, a cargo de Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no campo da feira de Ferreira.

Ás 14,00 horas comezará a I Festa da Empanada no recinto do Castro, con venda de empanadas diversas, así como produtos típicos da zona.

Pola tarde, ás 18,00 horas, terá lugar a cata dos viños das adegas participantes, a cargo de enólogos profesionais.

Durante toda a xornada, actuarán polas rúas do Castro de Ferreira as charangas Madialeva e Mekanika. Ás 20,30 horas, haberá unha actuación da orquestra Gran Casino.

O broche de ouro da xornada do sábado 14 de maio será o Pantón Rock, un festival musical que fará vibrar o recinto do campo de fútbol Monte Baliño coas actuacións de Los Suaves, La Fuga, Gin Toni’s e ADN.

ACTOS PREVISTOS PARA O DOMINGO 15 DE MAIO EN FERREIRA

A segunda xornada festiva da XXIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón comezará ás 11 horas, con pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas O Castro. Ás 12,00 horas, comezará a recepción das autoridades na Casa do Concello. Ao longo de toda a xornada, a charanga Madialeva animará cos seus sons as rúas da capitalidade.

Xa de volta no Castro de Ferreira, ás 13,00 horas terá lugar a lectura do pregón da XXIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, a cargo de Saleta Fernández López, atleta, campiona de España junior en salto de altura. Pola tarde, a partir das 18,00 horas, o recinto feiral acollerá un concerto da Banda de Gaitas O Castro. A música tamén servirá para rematar a fin de semana de festa en Ferreira, coa actuación, a partir das 20,00 horas, da orquestra Los Players.•

•ONDE MERCAR AS ENTRADAS DO PANTÓN ROCK:

Á venda nos seguintes puntos: PANTÓN: Mesón Os Castros-Bar Topic- Bar París- Bar Mosteiro- Bar Carabelos- Bar Amandino- Casa Antonio en Goián; MONFORTE: Bar KM0- Bar AWA; OURENSE: Peggy Records- Matiz Instrumentos; O BARCO: Ton y Son Instrumentos; SARRIA: Bar Montecarlo; LUGO: Cervecería Cook; CHANTADA: Bar Silt; e tamén online en ticketea.com.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentan en Sarria un documental sobre o oficio de Manuel Olmo, carpinteiro de carros tradicionais

Seguinte Nova

Música, gastronomía e tradición na XVI Mostra do Aceite de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: