• A viaxe será do 20 ao 27 de xullo, e xa está fixada a programación
• A Asociación Cultural Sarria-Guerledan ten todo listo para realizar a viaxe que, cada dous anos, vén realizando dende hai 18 á Bretaña francesa. No verán pasado, foron os bretóns os que viñeron a Sarria, para coñecer diversos puntos da comarca e varias localidade de interés da nosa provincia e tamén de Galicia.
A viaxe da expedición sarriana desenvolverase do 20 ao 27 de xullo, cun programa que xa está confirmado. A primeira xornada inclúe unha visita a Futuroscope, onde pasarán a primeira noite. O día 21 chegarán a Mûr de Bretagne, para aloxarse alí con familias locais, que actuarán como anfitrionas ao longo da súa estancia. Os membros bretóns da Irmandade Sarria-Guerledan teñen trazadas diversas visitas a empresas e paraxes naturais da contorna, ademais de encontros culturais e musicais.
Dende a Asociación Cultural Sarria-Guerledan comunican que aínda hai prazas libres. Os interesados poden anotarse no teléfono 659 396 812, ou no correo guerledan.sarria@gmail.com.•