Constituída a Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Quiroga

•A executiva está liderada por Vicente Parra, actual voceiro do grupo municipal socialista

Os integrantes da nova executiva municipal do PSdeG-PSOE en Quiroga, constituída o pasado 20 de abril. (Foto cedida).
Os integrantes da nova executiva municipal do PSdeG-PSOE en Quiroga, constituída o pasado 20 de abril. (Foto cedida).

 O pasado 20 de abril quedou constituída a Executiva Municipal do PSdeG-PSOE en Quiroga, e liderada por Vicente Parra Vizcaíno, actual voceiro do grupo municipal socialista, como secretario xeral desta formación. Pola súa banda, Manuel Martínez Losada figura como presidente, cargo honorífico que lle concedeu esta agrupación en calidade de militante histórico do Partido Socialista. Hermitas García Quiroga será a secretaria de Organización, mentres que Maximina Canseco Prieto encargarase da sección de Política Municipal. Antonio Marcos Prieto será o responsable de Acción Electoral, e como secretaria da Área Social está Olga Aida Olmo.•

A nova Executiva Municipal Socialista de Quiroga constituíuse «cumprindo a regra de paridade que marca o Partido Socialista».

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A hostalería centrou a primeira mesa sectorial do programa de emprego xuvenil e participativo LuGoWork

Seguinte Nova

Rematan os traballos da nova rede de abastecemento de auga no barrio do Hospital

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: