Darío Campos comprometeu unha achega de 310.000 euros na súa primeira visita a Sarria

•Destinaranse a poñer en marcha a piscina, melloras na residencia, e para a porcentaxe dos custes das obras da Ponte Ribeira que a Xunta non está a financiar

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O 25 de abril, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, realizou a súa primeira visita a Sarria como mandatario provincial. Durante a súa estancia na vila xacobea, Campos Conde comprometeu unha achega da Deputación de 310.000 euros para atender diversas necesidades do municipio. Logo de asinar no Libro de Ouro do Concello de Sarria, en presenza da alcaldesa, Pilar López Yáñez, e varios membros da Corporación, Campos Conde afirmou a súa confianza en que «esta visita sexa a primeira de moitas a Sarria e, o primordial, que delas xurdan máis colaboracións para mellorar a calidade de vida dos veciños».

120.000 EUROS PARA MELLORAS NA RESIDENCIA DE SARRIA

A achega que comprometeu o presidente da Deputación está enmarcada nos 7 millóns de euros do Orzamento para este ano que Campos Conde decidiu destinar a obras na totalidade dos concellos lugueses. No caso de Sarria, o presidente da Deputación comprometeu unha partida de 120.000 euros para melloras na residencia de maiores, en resposta á primeira petición que lle trasladou a alcaldesa nada máis tomar posesión do seu cargo á fronte do organismo provincial. Según López Yáñez, as carencias deste servizo son resultado «do estado de abandono no que deixou a residencia o Goberno municipal do PP», con problemas como filtración de correntes de aire polas fiestras ou falta de equipamento como toallas ou sábanas.

150.000 EUROS PARA AS OBRAS DA PONTE RIBEIRA

O presidente da Deputación tamén anunciou que o organismo provincial vai suplir con 150.000 euros os custes das obras da Ponte Ribeira que lle correspondería financiar á Xunta, a través de Augas de Galicia cun convenio coa Confederación Hidrográfica. Campos decidiu sufragar este importe polas peticións do Concello e dos veciños.

40.000 EUROS PARA A PISCINA CLIMATIZADA

Por último, Campos comprometeu 40.000 euros para a instalación eléctrica que permita poñer en servizo a piscina climatizada. Campos criticou que esta actuación non fora xa executada pola anterior Corporación local, como tiña comprometido.

Ademais, Campos Conde, acompañado pola alcaldesa de Sarria, mantivo un encontro cun grupo de veciños da parroquia de Céltigos, núcleo que carece de traída de auga e de saneamento. Campos anunciou que atenderá estas obras con outra partida provincial, aínda que é competencia da Xunta de Galicia.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aínda hai prazas para viaxar a Francia coa Irmandade Sarria-Guerledan

Seguinte Nova

En marcha a oitava edición da campaña “As compras na túa vila teñen premio”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: