Éxito do Club Quixós nas Copas de España de Augas Bravas clásica e sprint

•Os monfortinos lograron 3 podios na proba celebrada en Bidarray, e outros 9 na disputada en Irún

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O monfortino Club Quixós de piragüismo vén de completar un exitoso mes, cos 12 podios acadados nas dúas Copas de España disputadas en abril.

O CLUB QUIXÓS, TERCEIRO NA COPA DE MODALIDADE CLÁSICA

Na fin de semana do 17 e 18 de abril, o Club Quixós competiu na 1ª Copa de España de Descenso de Augas Bravas na modalidade clásica, celebrada na localidade francesa de Bidarray. Na proba, Manuel Freire acadou o segundo posto na categoría C1 senior, onde tamén Andrés Saco acadou podio, conseguindo o terceiro posto.

En Bidarray, o Club Quixós logrou o terceiro posto na clasificación por clubes.

DOBLETE PARA FREIRE E SACO NA 1ª COPA DE ESPAÑA MODALIDADE SPRINT

Os monfortinos tamén participaron o 18 de abril na 1ª Copa de España de Descenso de Augas Bravas na modalidade sprint, que se desenvolveu na localidade guipuzcoana de Irún. O alto rendemento do Club Quixós contabilizouse nun total de 9 podios. Manuel Freire e Andrés Saco conseguían o primeiro posto en C2 senior, ademais de quedar primeiro e segundo, respectivamente, en C1 senior.

AMPLO PALMARÉS DE MEDALLAS DO QUIXÓS NA PROBA NACIONAL DE SPRINT CELEBRADA EN IRÚN

Así mesmo, Nicolás Díaz quedou segundo en C1 e terceiro en K1 cadete. Os triunfos continuaron cos logros de Yasmin Díaz Iglesias, que rematou segunda en K1 cadete, e terceira en C1 xuvenil. Pola súa banda, Lucía Cabo Domínguez aportou outra vitoria á formación monfortina, co seu terceiro posto en C1 senior. Por clubes, o Quixós finalizou a Copa de España de modalidade sprint cun exitoso terceiro posto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O club Neka proclamouse campión galego feminino e subcampión na modalidade de clubes

Seguinte Nova

Comezaron as charlas informativas sobre o novo GDR

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: