Exposición pictórica na Escola de Idiomas de Monforte

A mostra recolle o traballo de Lisette María Patiño Quintero, alumna da Escola

• Dende a última semana de abril e ata o 25 de maio, a Escola de Idiomas de Monforte acolle unha exposición de pintura con algúns dos traballos de Lisette María Patiño Quintero, alumna desta Escola.

VARIEDADE DE TÉCNICAS

Na súa obra pictórica, Lisette María Patiño emprega diversas técnicas para o tratamento das formas e das cores, construíndo unha mostra variada e rica en matices.

HORARIO DE VISITAS Á EXPOSICIÓN

A exposición pode visitarse na Escola de Idiomas de Monforte, situada no número 65 da rúa Calvo Sotelo, de luns a xoves en horario continuado de 9,00 a 20,00 horas, e os venres de 9,00 a 14,00 horas.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Sarria Fashion Night-Noite Aberta durará este ano dous días

Seguinte Nova

Aínda hai prazas para viaxar a Francia coa Irmandade Sarria-Guerledan

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: