Miguel Rodríguez Bugarín, premio “Monforte al Ferrocarril”

• A Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER) deu a coñecer, o pasado 19 de abril, o fallo do xurado da segunda edición do premio «Monforte al Ferrocarril», que este ano recaeu en Miguel Rodríguez Bugarín.

GRAN TRAXECTORIA ACADÉMICA E DIVULGATIVA EN TORNO AO FERROCARRIL EN GALICIA

O xurado decantouse pola candidatura de Rodríguez Bugarín «pola súa longa traxectoria académica como Catedrático de Ferrocarriles, pola súa importante contribución á investigación e ao estudo do transporte ferroviario en Galicia, así como pola grande labor de divulgación que durante anos veu realizando sobre este modo de transporte».

O xurado desta segunda edición do premio «Monforte al Ferrocarril» estivo composto por José Tomé Roca, alcalde de Monforte de Lemos, en calidade de presidente; Fermín Avellaneda Vázquez, presidente de AMAFER, en calidade de secretario; Sonia Sánchez Carbajales, representando á Dirección Xeral de Mobilidade, en calidade de vogal; Miguel Ángel Sotuela Vega, deputado provincial en Lugo, en calidade de vogal; Gerardo Pallares Sánchez, representando ao Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, como vogal; e Xosé Manuel Pereiro Sánchez, en representación do Colexio de Xornalistas de Galicia, en calidade de vogal.

A entrega do premio «Monforte al Ferrocarril», que consta dunha reprodución en bronce da escultura que homenaxea aos ferroviarios na Praza da Estación, celebrarase o 9 de maio ás 12 horas no Concello de Monforte.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

AXENDA CULTURAL DA PRIMEIRA QUINCENA DE MAIO

Seguinte Nova

Julia Rodríguez pediu no Parlamento que se implante a hospitalización a domicilio no Hospital de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: