Monforte mantén viva a memoria do Pai Esteban cun busto na Praza da Compañía

•A figura do prezado escolapio que desenvolveu a súa tarefa docente en Monforte durante 60 anos foi lembrada nunha homenaxe o día 23

Foto: EC.
Foto: EC.

O 23 de abril celebrouse a homenaxe ao Pai Esteban, co descubrimento dun busto da súa figura, custeado por suscrición popular co apoio do Concello de Monforte. O acto contou coa participación do bispo de Lugo, Alfonso Carrasco, que presidiu o oficio relixioso; o alcalde de Monforte, José Tomé; membros da familia do Pai Esteban Martínez; e os promotores desta iniciativa.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Despois da misa cantada pola Coral de Ponteareas e oficiada polo bispo de Lugo, tivo lugar a presentación dun libro con lembranzas sobre a figura do Pai Esteban. A homenaxe ao escolapio, fillo adoptivo de Monforte, foi seguida por numerosos veciños e veciñas da cidade do Cabe. Coincidindo coa inauguración do busto do Pai Esteban, tivo lugar o traslado das súas cinzas para descansar na cripta dos Escolapios, en cumprimento da súa vontade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A quiroguesa Rosa Arza optará a presidir Novas Xeracións do PP lucense

Seguinte Nova

Sanción para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola tala de árbores no río Celeiro en agosto de 2014

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss