Música, gastronomía e tradición na XVI Mostra do Aceite de Quiroga

•Nesta edición ofrecerase unha homenaxe póstuma ao colleiteiro Guillermo Nogueira Veloso

A riqueza gastronómica de Quiroga ten no aceite un dos seus produtos estrela. Arquivo EC
A riqueza gastronómica de Quiroga ten no aceite un dos seus produtos estrela. Arquivo EC

• O domingo 8 de maio celebrarase no muíño de Bendillo a XVI Mostra do Aceite de Quiroga, para poñer en valor un dos produtos máis afamados das terras quiroguesas, e que influiu notablemente na configuración dos costumes e das tradicións da contorna. Por esta razón, ademais de disfrutar coa calidade do aceite, os visitantes poderán achegarse á aldea de Bendilló para coñecer o proceso de elaboración tradicional deste produto, que se recrea anualmente o día da Mostra. A almazara conserva todos os aparellos que se empregaban para extraer o chamado «ouro líquido» das olivas procedentes das árbores milenarias que aínda dan froito no val do Sil.

PROGRAMA DA XVI MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA

A xornada festiva do domingo 8 de maio iniciarase ás 11,30 horas, coa posta en funcionamento do muíño de Bendilló, que estará aberto ao público ao longo de toda a xornada. A música chegará ao espazo da Mostra ás 11,45, coa actuación do grupo de música tradicional Os Palletas. Xa ás doce, terá lugar a Cata dos aceites participantes na Mostra, no interior da Capela das Farrapas, situada ao carón do recinto feiral.

Este ano, a Mostra do Aceite de Quiroga inclúe unha homenaxe póstuma ao colleiteiro Guillermo Nogueira Veloso, á unha do mediodía. A continuación, voltará a música da man das agrupacións locais Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga, o Grupo de Gaitas O Recanto de Quiroga, e o Grupo de Danza Arume da Queiruga. Pola súa banda, O Recanto ofrecerá unha actuación ás 14,00 horas. Ao longo de toda a xornada, haberá expositores onde se poderá mercar produtos típicos da zona, así como postos de polbo e churrasco.

A XVI Mostra do Aceite de Quiroga está organizada polo Concello de Quiroga, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Área de Turismo da Deputación, e Abanca. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A XXIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón celebrarase na fin de semana do 14 e 15 de maio

Seguinte Nova

Quiroga terá de novo un campo de traballo internacional no verán

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss