O Alfa Auriga CB Sarria completou a súa primeira tempada en Primeira División

Foto de familia do Alfa Auriga CB Sarria, co equipo directivo e o seu patrocinador desta tempada. (Foto cedida).
Foto de familia do Alfa Auriga CB Sarria, co equipo directivo e o seu patrocinador desta tempada. (Foto cedida).

• O equipo senior masculino do CB Sarria vén de completar a súa primeira tempada en Primeira División. Logo de firmar unha exitosa fase inicial, conseguiu clasificarse entre os catro primeiros do grupo norte.

A plantilla do Alfa Auriga CB Sarria, que conxugou a frescura dos novos valores da canteira local coa experiencia aportada polas fichaxes, peleou na segunda fase con rivais de gran categoría, sen acadar o obxectivo de meterse en postos de loita polo ascenso de categoría. Aínda así, o Alfa Auriga mantivo a forza ata o último partido, que perdeu na casa por tan só dous puntos diante do Sigenta Seis do Nadal (65-67). Este partido serviu para que a directiva do CB Sarria amosara o seu agradecemento ao patrocinador do equipo senior, a firma Alfa Auriga, entregando un agasallo conmemorativo a José Manuel López López e José Soto Carballada, representantes da empresa.

SARRIA ACOLLEU UN CLINIC DA FEDERACIÓN

Dentro das actividades que está a desenvolver o CB Sarria, o domingo 24 de abril tivo lugar no novo pavillón do Chanto unha nova sesión da Aula Formativa do Adestrador Galego, que organiza periodicamente a Federación Galega de Baloncesto. O clinic estivo conducido por Pepe Vázquez, ex adestrador do Ensino de Lugo, e Gonzalo Rodríguez Palmeiro, segundo técnico do Obradoiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober inicia a última fase de sinalización integral do rural e puntos turísticos

Seguinte Nova

A Deputación achega 7.000 euros ao CB Val de Lemos para a compra de material deportivo dos equipos femininos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: