• A deputada lucense do PSdeG-PSOE, Margartia Pérez Herraiz, e o senador Ricardo Varela, rexistraron a mediados deste mes unha proposición non de lei no Congreso dos Deputados para reclamar melloras viarias na estrada N-VI ao seu paso polo municipio de O Corgo.
ESTE TRAMO É DOS QUE ESTÁN EN PEOR ESTADO EN TODA ESPAÑA
A deputada socialista advertiu que, segundo o último informe da Asociación Española de Estradas, o tramo entre Nadela e o Corgo da N-VI é dos que se atopa en peor estado.
DETERIOROS NO FIRME POLAS RECENTES OBRAS
A deputada socialista sinalou ademais que este tramo agravouse cunhas obras na A-6, que fixo desviar o tráfico da N-VI, co correspondente desgaste do asfalto. Pérez Herraiz explicou que neste tramos atópanse varios núcleos de poboación, que son Lasoxa, San Cristóbal, O Corgo e Gomeán, no que ademais desenvólvese a principal actividade do municipio, por acoller a sede do concello, o centro de saúde, o centro escolar e a actividade comercial do termo municipal.
GRAVES RISCOS PARA A SEGURIDADE DOS PEÓNS
Pérez Herraiz denunciou tamén que hai falla de iluminación, así como falla de control de velocidade ao paso polos núcleos de poboación do Corgo. A socialista tamén alertou de que faltan pasos seguros para cruzar as estradas, e hai necesidade de beirarrúas, xa que a situación actual provoca que cada ano aumente o número de persoas que falecen nesta estrada.•