Os socialistas de Lugo piden no Congreso melloras na N-VI ao seu paso por O Corgo

• A deputada lucense do PSdeG-PSOE, Margartia Pérez Herraiz, e o senador Ricardo Varela, rexistraron a mediados deste mes unha proposición non de lei no Congreso dos Deputados para reclamar melloras viarias na estrada N-VI ao seu paso polo municipio de O Corgo.

ESTE TRAMO É DOS QUE ESTÁN EN PEOR ESTADO EN TODA ESPAÑA

A deputada socialista advertiu que, segundo o último informe da Asociación Española de Estradas, o tramo entre Nadela e o Corgo da N-VI é dos que se atopa en peor estado.

DETERIOROS NO FIRME POLAS RECENTES OBRAS

A deputada socialista sinalou ademais que este tramo agravouse cunhas obras na A-6, que fixo desviar o tráfico da N-VI, co correspondente desgaste do asfalto. Pérez Herraiz explicou que neste tramos atópanse varios núcleos de poboación, que son Lasoxa, San Cristóbal, O Corgo e Gomeán, no que ademais desenvólvese a principal actividade do municipio, por acoller a sede do concello, o centro de saúde, o centro escolar e a actividade comercial do termo municipal.

GRAVES RISCOS PARA A SEGURIDADE DOS PEÓNS

Pérez Herraiz denunciou tamén que hai falla de iluminación, así como falla de control de velocidade ao paso polos núcleos de poboación do Corgo. A socialista tamén alertou de que faltan pasos seguros para cruzar as estradas, e hai necesidade de beirarrúas, xa que a situación actual provoca que cada ano aumente o número de persoas que falecen nesta estrada.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Catro xogadoras do CV Ribeira Sacra, bronce coa selección galega de voleibol no Campionato de España

Seguinte Nova

A quiroguesa Rosa Arza optará a presidir Novas Xeracións do PP lucense

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: