Os veciños de Reiriz e Chave demandan á Deputación o arranxo “inmediato” da única estrada de acceso

• A veciñanza das parroquias de Reiriz e Chave, do municipio de O Saviñao, veñen de demandar á Deputación de Lugo que arranxe «de xeito inmediato» a estrada LU-P-4202, que vai de Currelos a Paradela, xa que é o único vial que dá acceso a estes núcleos. A demanda xustifícase no estado «intransitable» que, según os veciños, presenta esta estrada de titularidade provincial, «completamente chea de baches imposibles de esquivar, con auga que circula sobre a plataforma», e «cun firme totalmente desgastado».

IMPORTANTE VOLUME DE TRÁFICO

Os veciños destas dúas parroquias quéixanse de que a estrada leva nove anos sen arranxar, pese a tratarse dunha vía preferencial na rede vial da Deputación, xa que comunica Ferreira co Saviñao, Currelos e Paradela. Dende a veciñanza suliñan que, por este motivo, a LU-P-4202 rexistra moito tráfico, incluso de vehículos pesados.

Os núcleos de Reiriz e Chave suman máis de 150 veciños. A reclamación veciñal destaca a necesidade de «medidas oportunas da Deputación para que esta estrada reúna as condicións e garantías necesarias para os usuarios».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rematan os traballos da nova rede de abastecemento de auga no barrio do Hospital

Seguinte Nova

O club Neka proclamouse campión galego feminino e subcampión na modalidade de clubes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: