•A mediados de abril, a Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, presentou na Casa da Cultura de Sarria un documental etnográfico sobre a construción do carro tradicional galego. Esta peza audiovisual recolle, paso a paso, o traballo do carpinteiro de O Incio Manuel Olmo, de 83 anos, que construiu o seu último carro diante das cámaras da Fundación TIC.
Olmo naceu na parroquia de Cizán, no municipio de O Incio, e con 17 anos aprendeu de forma autodidacta a traballar a madeira, e co seu primeiro carro gañou 2.000 pesetas da época.
No documental se explican as diferentes partes do carro tradicional galego, o tipo de madeira que se utiliza e a súa preparación, así como as ferramentas precisas para a construción deste medio de transporte, fundamental durante século no rural de Galicia.•