Presentan en Sarria un documental sobre o oficio de Manuel Olmo, carpinteiro de carros tradicionais

O deputado de Innovación e TIC da Deputación de Lugo, Pablo Rivera; e a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, falan con Manuel Olmo antes da proxección do documental na Casa da Cultura de Sarria, o pasado 14 de abril.  GPDL.
O deputado de Innovación e TIC da Deputación de Lugo, Pablo Rivera; e a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, falan con Manuel Olmo antes da proxección do documental na Casa da Cultura de Sarria, o pasado 14 de abril. GPDL.

•A mediados de abril, a Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, presentou na Casa da Cultura de Sarria un documental etnográfico sobre a construción do carro tradicional galego. Esta peza audiovisual recolle, paso a paso, o traballo do carpinteiro de O Incio Manuel Olmo, de 83 anos, que construiu o seu último carro diante das cámaras da Fundación TIC.

Olmo naceu na parroquia de Cizán, no municipio de O Incio, e con 17 anos aprendeu de forma autodidacta a traballar a madeira, e co seu primeiro carro gañou 2.000 pesetas da época.

No documental se explican as diferentes partes do carro tradicional galego, o tipo de madeira que se utiliza e a súa preparación, así como as ferramentas precisas para a construción deste medio de transporte, fundamental durante século no rural de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sanción para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola tala de árbores no río Celeiro en agosto de 2014

Seguinte Nova

A XXIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón celebrarase na fin de semana do 14 e 15 de maio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: