Quiroga terá de novo un campo de traballo internacional no verán

• A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado vén de conceder seis campos de traballo para este verán na provincia de Lugo. O sur de Lugo acollerá tres, en Pantón, Folgoso do Courel e Quiroga, todos de carácter internacional. O campo de traballo de Quiroga desenvolverase do 1 ao 12 de agosto, con 20 prazas para mozos e mozas entre 18 e 30 anos, que realizarán tarefas vinculadas ao eido arqueolóxico. En concreto, os participantes levarán a cabo investigacións sobre a documentación relativa ao Castelo de Novaes, a súa situación actual e o proxecto de mellora da súa contorna. Ademais, coñecerán a repercusión do Camiño de Inverno. A actividade compleméntase con excursións pola contorna.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Música, gastronomía e tradición na XVI Mostra do Aceite de Quiroga

Seguinte Nova

AXENDA CULTURAL DA PRIMEIRA QUINCENA DE MAIO

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: