Rematan os traballos da nova rede de abastecemento de auga no barrio do Hospital

•O alcalde de Monforte destacou que esta obra pon fin ás avarías e á falta de presión da auga nas vivendas desta zona da cidade

O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado polo concelleiro de Servizos, José Luis Losada, supervisou o remate dos traballos da nova traída de auga do barrio do Hospital, o 14 de abril. GPCM.
O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado polo concelleiro de Servizos, José Luis Losada, supervisou o remate dos traballos da nova traída de auga do barrio do Hospital, o 14 de abril. GPCM.

• A mediados de abril, quedaron rematados os traballos do novo servizo de abastecemento de auga no monfortino barrio do Hospital. Según destacou o alcalde de Monforte, José Tomé, na súa visita para supervisar o final das obras, a nova infraestrutura pon fin ás avarías e á falta de presión de auga que se viñan detectando de xeito regular nos edificios desta zona da cidade.

FIN DUN «PESADELO» PARA OS VECIÑOS DO BARRIO DO HOSPITAL

«Hoxe remata un pesadelo que durou cinco anos para os veciños do barrio do Hospital», precisou Tomé, quen explicou que as avarías constantes no servizo tiñan «graves consecuencias para as familias, os comercios e as empresas da zona».

BARRIO «RENOVADO EN SERVIZOS E EN URBANISMO»

O alcalde explicou o detalle destes traballos. «Non só se cambiaron as tubaxes, senón que tamén quixemos facer outras melloras, como a renovación completa das beirarrúas cuns materiais máis modernos». As características dos materiais empregados nas tubaxes garanten, según Tomé, a solución aos problemas de abastecemento «para moitos anos». Ao mesmo tempo, cos traballos en superficie «quedou un barrio renovado dende o punto de vista urbanístico». O alcalde agradeceu a veciños e comerciantes a súa «paciencia» ante as molestias derivadas dos traballos.

O Concello de Monforte destinou unha partida de 280.000 euros para estes traballos, que afectaron ás rúas Corredoira, José de Garabantes e Irmáns Dapena, nos eixos con Abeledos, Santa Clara e o Hospital.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Constituída a Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Quiroga

Seguinte Nova

Os veciños de Reiriz e Chave demandan á Deputación o arranxo “inmediato” da única estrada de acceso

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: