Sanción para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola tala de árbores no río Celeiro en agosto de 2014

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

•A denuncia foi interposta pola Plataforma Sarriana polo Río e ADEGA •Dende a Plataforma lamentan a «desidia» das Administracións en relación ás obras de encanamento do río, polas consecuencias para o medio ambiente e o patrimonio

 

• O pasado 18 de abril, a Plataforma Sarriana polo Río facía pública a súa valoración da sanción administrativa que declara á Confederación Hidrográfica Miño-Sil responsable dunha infracción grave.

INFRACCIÓN GRAVE CONTRA O PATRIMONIO

Según explicaron dende a Plataforma, esta infracción está tipificada na Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia, por acometer a Confederación a tala de, polo menos, 36 árbores de certo porte en agosto de 2014 na ribeira do río Celeiro «sen contar coa previa e preceptiva autorización da Consellería de Cultura e dentro do contorno inmediato de protección da ponte da Áspera e no territorio histórico encadrado na categoría de Ben de Interese Cultural (BIC) Camiño Francés a Santiago».

A denuncia foi interposta pola Plataforma Sarriana polo Río e ADEGA en sendos escritos, onde denunciaban as «talas agresivas e inxustificadas» de especies autóctonas que estaba a realizar a Confederación. A Plataforma considera que este organismo manifestou «unha vez máis o seu absoluto desprezo polas normas e pola Xunta de Galicia», ao recoñecer «expresamente ser responsable dos feitos» que executou «sen control arqueolóxico» e «sen solicitar nin obter preceptiva autorización nin con carácter previo nin tampouco posterior».

A CONFEDERACIÓN ACTUOU «CON TOTAL IMPUNIDADE PORQUE NINGUÉN LLE PARA OS PÉS», SEGÚN A PLATAFORMA

A Plataforma interpreta que a Confederación actúa así «polo convencemento de que ten total impunidade». Dende este colectivo veciñal suliñan que «os dirixentes e funcionarios da Confederación non asumen a responsabilidade dos seus actos», xa que as multas e sancións económicas «van contra os orzamentos da entidade, que pagamos todos os contribuíntes». A Plataforma considera tamén que esta «actitude impune» débese «a que ninguén lle para os pés», en referencia ao posicionamento da Xunta de Galicia e do Concello de Sarria. «Só un pequeno grupo de cidadáns, a costa de esforzos particulares» foi quen de denunciar esta situación, según suliñan dende a Plataforma Sarriana polo Río. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte mantén viva a memoria do Pai Esteban cun busto na Praza da Compañía

Seguinte Nova

Presentan en Sarria un documental sobre o oficio de Manuel Olmo, carpinteiro de carros tradicionais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss