
• Dende mediados de abril, o Goberno local de Sober ten en marcha a última fase de sinalización integral de todos os núcleos e recursos turísticos do municipio.
A MEDIDA BENEFICIARÁ ÁS 22 PARROQUIAS DE SOBER
Según explicaron dende o Concello, nesta quenda realizaranse traballos nas 22 parroquias do termo municipal. Ademais, e según precisou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, retiraranse sinais deteriorados ou confusos, ademais de colocar as novas sinalizacións.
Estes traballos fináncianse no 95% cunha achega da Deputación de Lugo, que se completa cunha aportación de fondos propios por parte do Concello de Sober.
UN XEITO DE MANTER A TOPONIMIA ORIXINAL DOS NÚCLEOS SOBERINOS, EN RISCO DE PERDERSE
Según precisaron dende o Goberno local, con esta última fase o Concello cumpre co obxectivo de que os máis de 300 núcleos soberinos conten co seu sinal de identidade. Dende o Concello consideran que a sinalética, ademais de servir ao seu obxectivo informativo, tamén serve para que non se perdan nomes de núcleos que, ao non existir na escrita, deixan de usarse e acaban perdéndose.
Ademais, tamén se van renovar sinais de circulación en vías municipais, e colocar sinais direccionais de organismos oficiais, instalacións deportivas ou elementos turísticos que hoxe non contan con indicativos propios.•