A UAD organiza en Monforte un obradoiro de hábitos de vida saudables

• A UAD de Monforte organiza o venres 13 de maio un obradoiro sobre hábitos de vida saudables. A actividade desenvolverase no salón de actos do Hospital Comarcal de Monforte, en horario de 16,30 a 20,30 horas. O obradoiro, dirixido á cidadanía en xeral, inclúe recomendacións para unha vida saudable, e a importancia da alimentación e da actividade física no desenvolvemento corporal e na saúde. A actividade está a cargo de Ana Martínez Lorente e Orlando Blanco Iglesias, técnicos do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fotografías de Montero, na Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

Sober comeza o 19 de maio a campaña de vacinación canina

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: