Continúan as mesas sectoriais para o programa provincial de emprego xuvenil LuGoWork

O deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, durante a mesa sectorial do LuGoWork coas representantes da Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo. GPDL
O deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, durante a mesa sectorial do LuGoWork coas representantes da Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo. GPDL

• Ao longo deste mes de maio, a Deputación está a organizar diversos encontros cos representantes dos sectores produtivos da provincia, para explicarlles as características do LuGoWork. Este programa de emprego xuvenil, o primeiro de carácter participativo na nosa provincia, está impulsado pola Deputación, para ofrecer á mocidade lucense en paro formación sobre os nichos de emprego detectados en cada sector, e facilitarlles a inserción laboral por conta allea ou a través do emprendemento. O LuGoWork conta con 2 millóns de euros, aportados pola Unión Europea a través da Escola de Organización Industrial.

Mesa sectorial coa Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios (APREVAR). GPDL.
Mesa sectorial coa Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios (APREVAR). GPDL.

O deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera, está a presentar o programa LuGoWork aos representantes dos diveros sectores. Na mesa sectorial celebrada coa Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, as responsables deste colectivo incidiron na necesidade de formar aos futuros profesionais en habilidades comerciais, e no manexo das novas tecnoloxías.

Dende a Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios propuxeron mellorar a formación en comercio multisectorial, e no coñecemento dos avances realizados polas empresas punteiras de fabricación de pezas.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A nova Asociación Montañas do Courel pedirá á UNESCO o recoñecemento como Geoparque Mundial

Seguinte Nova

CALENDARIO DO RUNNING LUCENSE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: