Monforte acollerá en xullo unha nova edición do Depor Campus

•Está aberto o prazo para inscribirse nesta actividade, que se desenvolverá do 25 ao 29 de xullo

Imaxe da presentación da nova edición do Depor Campus no Concello de Monforte. GPCM.
Imaxe da presentación da nova edición do Depor Campus no Concello de Monforte. GPCM.

•A comezos deste mes, quedou aberto o prazo para inscribirse na nova edición do Depor Campus, que se desenvolverá en Monforte do 25 ao 29 de xullo. O alcalde de Monforte, José Tomé, presentou este campus de fútbol, destinado a nenos e nenas entre 6 e 14 anos, acompañado dos responsables de Planificación Deportiva do Real Club Deportivo de A Coruña, e dos responsables do club Calasancio, anfitrións deste campus.

Según precisou Tomé, esta nova edición do Depor Campus é posible grazas á colaboración entre o Concello, o Real Club Deportivo da Coruña e o Calasancio. «Iniciativas coma esta son moi positivas, posto que axudan a facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar», suliñou o Alcalde.

AS SESIÓNS SERÁN IMPARTIDAS POR TÉCNICOS DO DEPORTIVO DA CORUÑA

Pola súa parte, o director de Metodoloxía e Planificación do Deportivo da Coruña, José Barcala, sinalou que «a nosa misión é facer un espazo de inclusión e de convivencia entre rapaces que comparten a súa paixón polo fútbol». Así mesmo, Barcala afirmou que «imos empregar todos os nosos medios técnicos e intelectuais para que os nenos saiban desenvolver unha metodoloxía que fomente a independencia do xogador». A docencia do Depor Campus estará a cargo de técnicos do clube coruñés, que traballarán directamente cos rapaces e rapazas nas instalacións deportivas dos Escolapios en Monforte. José Barcala engadiu que «no caso de que haxa algún neno que destaque sobre os demais, si que lle faremos un seguimento».

TODA A INFORMACIÓN SOBRE O DEPOR CAMPUS

As persoas interesadas en obter máis información poden atopala na web www.canaldeportivo.com, e nas oficinas do Concello de Monforte. Tamén pode atoparse no enderezo electrónico específico para atender dúbidas e preguntas, campusmonforte@canaldeportivo.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O domingo 22 de maio celebrarase a II Ruta BTT Castelo Bike

Seguinte Nova

Pantón repite un ano máis como capital do golf feminino mundial

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: