•Organizado polo Club Castelo Bike de Monforte, en colaboración co Concello
•O vindeiro domingo 22 de maio, terá lugar en Monforte a II Ruta BTT Castelo Bike, organizada polo Club Castelo Bike en colaboración co Concello.
DÚAS RUTAS PARA DAR MÁIS OPCIÓNS AOS PARTICIPANTES
Según explicou o presidente do club, José Manuel Pérez, a Ruta BTT Castelo Bike, de carácter non competitivo, sairá ás 9,30 horas dende a Praza da Compañía, cun percorrido de preto de 45 quilómetros, de dificultade media-alta. O percorrido transcurre na súa meirande parte por camiños rurais, forestais e de monte do municipio de Monforte. O trazado inclúe tramos que cruzan estradas con tráfico aberto, polo que a organización recomenda aos participantes extremar as precaucións nestes puntos.
Pérez destacou que está prevista a realización de dúas rutas, unha de 34 quilómetros e outra de 45, «algo máis esixente». «Consideramos que a xente vai quedar contenta e imos intentar que sexa para todos», precisou o presidente do club.
COÑECER O TERRITORIO DISFRUTANDO DO DEPORTE E DA NATUREZA
Pola súa banda, o alcalde de Monforte animou á xente a participar nesta ruta. Tomé suliñou o compromiso do Concello con actividades deste tipo, xa que «percorridos coma este son bos porque permiten estar en contacto coa natureza, relacionarte con máis xente e tamén serven para coñecer o territorio».
PREZOS
A inscrición na ruta, que se pode facer a través da web do Concello, custa 12 euros, e co xantar posterior, 23 euros. Os organizadores marcaron como límite a cifra de 200 participantes. Máis información en castelobikeclub@gmail.com.•