A adega soberina Regina Viarum acada a distinción Q de Calidade Turística

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O recoñecemento oficial á calidade turística conta cun membro máis no sur de Lugo. O pasado 23 de maio, a Xunta de Galicia recoñecía co distintivo Q de Calidade Turística Galicia 2015 á firma soberina Adegas Regina Viarum, entre outras empresas da nosa comunidade. Según explicaron dende o Concello de Sober, esta distinción vén sumarse á que xa tiña neste municipio a Casa Grande de Rosende. Dende o Concello de Sober, trasladaron a súa felicitación aos responsables de Regina Viarum pola consecución deste distintivo.

274 Q DE CALIDADE TURÍSTICA EN GALICIA
O acto de recoñecemento coa Q de Calidade Turística Galicia 2015 contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que destacou «o peso do turismo na recuperación económica» da nosa comunidade. Feijóo lembrou que Galicia é a segunda comunidade de España con maior número de distintivos Q de Calidade Turística, o que «constata a excelencia do sector turístico galego». O presidente da Xunta destacou a progresión da nosa comunidade dende os 16 establecementos certificados en 2004, ata os actuais 274. Galicia lidera o ranking de certificados de calidade en infraestruturas como os hoteis, os apartamentos turísticos, as casas de turismo rural, os balnearios ou as instalacións náuticas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O sur de Lugo acolleu xornadas formativas para os profesionais do turismo

Seguinte Nova

Monforte defendeu o seu papel no comercio europeo no Foro sobre o Porto Seco

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss