
O deputado responsable da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista Xosé Ferreiro, achegouse a mediados de maio ao Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, onde está depositado todo o material de axuda humanitaria recollido pola iniciativa social “Portabebés para Siria” en Lugo, con destino aos campos de refuxiados. Según explicaron o propio Ferreiro e a responsable da iniciativa, Laura Aldariz, dada a gran cantidade de material recollido, a asocación non podía custear os portes ata o seu destino, polo que solicitaron a colaboración da Deputación de Lugo. En total, enviáronse 24 palets con material hixiénico, sanitario, escolar e téxtil, entre outros obxectos de primeira necesidade, dende o porto de Barcelona ata o do Pireo en Atenas. Alí, e según explicou Ferreiro, o material será recibido por persoal da administración grega, e logo de aplicar os protocolos precisos, será posto a disposición da ONG SOS Refuxiados. O deputado nacionalista explicou que “os representantes públicos debemos estar á altura das circunstancias, traballando man con man con iniciativas sociais como esta, e non mirando para outro lado”. “É responsabilidade de toda a sociedade, e tamén das institucións, loitar por un mundo máis xusto”. (Foto cedida).•