A Deputación presentou un servizo de Teleasistencia gratuíta con 500 novas prazas

•Ademais de seguir sendo gratis, o servizo de Teleasistencia incorpora criterios sociais e sanitarios para a concesión das prazas

O deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, durante a rolda de prensa na que presentou o servizo de Teleasistencia. GPDL
O deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, durante a rolda de prensa na que presentou o servizo de Teleasistencia. GPDL

• O 26 de maio, o Goberno provincial presentou un servizo de Teleasistencia que, ademais de ser gratuíto e sumar 500 novas prazas, incorpora criterios sociais e sanitarios dos solicitantes para a concesión das mesmas. Según explicou en rolda de prensa o deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, o Goberno provincial levará a ordenanza deste servizo ao vindeiro Pleno provincial. O servizo ofertará un total de 1.555 prazas gratuítas para dependentes, maiores ou persoas con limitacións, na totalidade da provincia.

SERVIZO ACTUAL DE TELEASISTENCIA DA DEPUTACIÓN
Álvaro Santos lembrou que, na actualidade, os lucenses poden solicitar o servizo de Teleasistencia á Xunta ou á Deputación. Según precisou Santos, a Deputación está a ofrecer un servizo gratuíto de Teleasistencia con 917 beneficiarios, que son dependentes, maiores ou sofren algunha limitación na súa autonomía. Este servizo permite unha asistencia inmediata nos domicilios, a través dun dispositivo automático de fácil manexo. Ademais, tamén ofrece o servizo denominado “Axenda”, que permite que os usuarios contacten diariamente e por teléfono co seu asistente social, para coñecer o seu estado e verificar se están a seguir as recomendacións médicas.

SERVIZO QUE APORTA A XUNTA DE GALICIA
O deputado de Promoción Económica e Social explicou que os lucenses tamén poden acollerse á Teleasistencia a través do servizo que dá a Xunta de Galicia. Según precisou Santos, este servizo ofrécese baixo copago, xa que o usuario ten que pagar en función da súa renda. Para beneficiarse deste servizo, o usuario debe cumplir os requisitos establecidos pola Lei de Dependencia, “que o Goberno Central do Partido Popular dilapidou”, criticou Santos. O deputado socialista alertou de que os recortes dos últimos dous anos limitaron “considerablemente” o número de persoas consideradas como dependentes pola lei.

MELLORAS NO SERVIZO QUE DÁ A DEPUTACIÓN
Con esta situación, o deputado de Promoción Económica e Social anunciou melloras na prestación do servizo de Teleasistencia que está a prestar a Deputación de Lugo.
Así, vanse aumentar en 500 as prazas, gratuítas e para todos os tipos de usuarios, ata acadar un total de 1.555 en toda a provincia. En canto aos criterios para optar ás prazas, ademais dos actuais de idade, ingresos, apoios familiares, saúde ou grao de discapacidade, inclúense outros como o ámbito, acceso ou condicións da vivenda, para favorecer aos usuarios que vivan no rural ou especialmente aillados. Tamén se introducen os criterios de grao de soidade, capacidade na toma de decisións, ou situación familiar. Co fin de humanizar este servizo, Santos anunciou que serán os propios traballadores sociais os que valorarán estes criterios, xa que coñecen de primeira man a situación dos usuarios.
Por último, a Deputación porá a disposición dos Concellos o seu propio persoal para, por exemplo, realizar os informes de valoración. Ademais, os usuarios poderán facer a solicitude directamente na Deputación ou nos concellos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Tradescola encheu a Praza de San Marcos na homenaxe a Manuel María

Seguinte Nova

O CB Sarria continúa coa súa intensa axenda de actividades

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: