A Pobra do Brollón acolleu un curso sobre consellos para unha vida saudable

A Casa da Cultura Olga Novo de A Pobra do Brollón acolleu unha xornada sobre prevención de enfermidades crónicas, dirixido a pacientes, familiares e cidadanía en xeral. A xornada, organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, a Axencia de Coñecemento en Saúde, e o Concello de A Pobra do Brollón, foi impartida por Isabel Ferreiro Cadahía, médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública. Entre os aspectos desenvolvidos na xornada, falouse da importancia da prevención primaria, e do papel da prevención secundaria ou cribado. Así mesmo, a Dra. Ferreiro informou sobre as características dunha enfermidade crónica, a tipoloxía máis frecuente deste tipo de doenzas, e os seus factores de risco, ademais de mostrar como hai que interpretar os principais indicadores destas enfermidades.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O trío junior do club Neka sitúase no primeiro posto no ranking da selección española de taekwondo

Seguinte Nova

Visita institucional ao polígono industrial de Taboada

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: