•Arza defendeu o traballo en equipo, no congreso da agrupación celebrado en Monforte

• A quiroguesa Rosa Arza foi elixida presidenta de Novas Xeracións da provincia de Lugo, acadando o 92,5% dos apoios durante o congreso provincial extraordinario celebrado o 14 de maio en Monforte de Lemos. No congreso estiveron presentes a presidenta do PP lucense, Elena Candia; o voceiro popular do Senado, José Manuel Barreiro; e o secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Ángel Tellado, entre outros responsables do Partido Popular.
Arza presentouse cun equipo integrado polo lucense Pablo Flórez como vicepresidente, e o focense Roberto Fernández como secretario xeral. A quiroguesa apelou durante o seu discurso ao traballo en equipo para “impulsar a nosa organización dende a transparencia, o compromiso, a lealdade e a unidade”. Arza dixo que os esforzos do seu proxecto político estará centrado “nos milleiros de mozos e mozas, emprendedores, loitadores, que buscan estabilidade e seguridade laboral, e que non queren emigrar fóra de Galicia”.•