A Tradescola encheu a Praza de San Marcos na homenaxe a Manuel María

Imaxe da actuación do profesorado e alumnado da Tradescola no acto “Sons de maio para Manuel María”, organizado pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación, o pasado 19 de maio. (Foto cedida).
Imaxe da actuación do profesorado e alumnado da Tradescola no acto “Sons de maio para Manuel María”, organizado pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación, o pasado 19 de maio. (Foto cedida).

• O 19 de maio, celebrouse na lucense Praza de San Marcos unha homenaxe a Manuel María, a cargo da Tradescola e coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo dentro da súa programación Seráns Culturais.

POEMAS DE MANUEL MARÍA MUSICADOS
O acto congregou a numeroso público de todas as idades, que disfrutou coa interpretación musical de diferentes pezas tradicionais galegas, a cargo do profesorado e alumnado da Tradescola. Tamén se musicaron diversos poemas de Manuel María, aos sons de gaitas, pandeiretas e zanfonas. O acto completouse con actuacións de baile galego.

A TRADESCOLA CUMPLE OITO ANOS
A Tradescola é un proxecto da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, que xa cumple o seu oitavo ano de traxectoria, cun balance moi positivo, logo de ofrecer unha ampla programación musical e cultual na que participaron máis de 4.500 persoas de todas as comarcas lucenses.
Según explicaron os responsables, a Tradescola culminou coa homenaxe a Manuel María do día 19 un intenso programa de actividades ao longo de todo o curso. A Tradescola organiza aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical, nas que participan máis de 250 alumnos e alumnas.
Para o público en xeral, tamén se organizaron obradoiros de bailes e xogos, e concertos didácticos de música tradicional para escolares polas comarcas da provincia, ademais de obradoiros de regueifas.
O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Xosé Ferreiro, asistiu á homenaxe “Sons de maio para Manuel María”. Ferreiro destacou o potencial da Tradescola como “xeradora de cultura desde a base”, e lembrou o seu papel como “salvagarda da nosa cultura e da nosa tradición”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CCA Ribeira Sacra de Chantada pon en marcha a campaña Pekechan

Seguinte Nova

A Deputación presentou un servizo de Teleasistencia gratuíta con 500 novas prazas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: