As XXIX Xornadas da Rota do Románico continúan no mes de xuño

• O Concello de Pantón está a desenvolver diveros actos este mes dentro do programa das XXIX Xornadas da Rota do Románico de Pantón, que este ano está adicado á lembranza de Manuel María. Logo das actividades realizadas dende o 21 de maio, a programación segue ata mediados do mes de xuño.

CONFERENCIA SOBRE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO
O primeiro dos actos do vindeiro mes será unha conferencia, o día 3, a cargo do antropólogo Manuel Vilar. A conferencia versará sobre “Patrimonio etnográfico: memoria para construir o futuro”, e terá lugar no salón de actos do Concello ás 20 horas.

SENDEIRISMO E VISITA AO ECOMUSEO DE ARXERIZ
A natureza centrará a actividade programada para o 4 de xuño, titulada “Etnografía no Camiño de Inverno”. Durante a xornada, desenvolverase unha ruta de sendeirismo polos municipios de O Saviñao e Pantón, con visita ao Ecomuseo de Arxeriz.

ACHEGAMENTO AOS SANTOS TITULARES DAS PARROQUIAS DE PANTÓN
As conferencias voltarán á programación das XXIX Xornadas da Rota do Románico de Pantón o día 10 de xuño. A partir das 20 horas, e no salón de actos do Concello, o historiador e etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo falará sobre “Os santos titulares de parroquia en Pantón e Galicia. Un patrimonio cultural noso, digno de memoria”.

NOVA EDICIÓN DO CICLO DE MÚSICA DE CÁMARA NA IGREXA DAS BERNARDAS DE FERREIRA
A música de cámara continúa, un ano máis, dentro do programa cultural da Rota do Románico de Pantón.
O ciclo Sinfonía no Mosteiro acada este ano a súa quinta edición, que celebrará cunha actuación do grupo de cámara Ensemble Aurum. Será na igrexa do convento das Bernardas de Ferreira, o 12 de xuño ás 19 horas.

FIN DA XXIX ROTA DO ROMÁNICO CUNHA EXPOSICIÓN ADICADA A MANUEL MARÍA
O programa de actos das XXIX Xornadas da Rota do Románico de Pantón rematarán cunha mostra expositiva vinculada ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016. A Exposición “Manuel María, home e poeta”, permanece aberta ao público no segundo andar do Edificio Sociocultural de Ferreira ata o 15 de xuño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Veciñal do Saviñao rexeita a cesión de terreos deportivos para o novo centro de saúde

Seguinte Nova

O CV Ribeira Sacra suma outro éxito ao proclamarse campión galego cadete feminino

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: