Ata o 10 de xuño está aberto o prazo para enviar traballos ao V Concurso de Carteis XIV Feira Tradicional Outrora 2016 de Rubián-Bóveda

Imaxe de arquivo da exposición organizada en Bóveda cos traballos presentados á pasada edición do Concurso de Carteis Feira Tradicional Outrora Rubián-Bóveda. Arquivo EC.
Imaxe de arquivo da exposición organizada en Bóveda cos traballos presentados á pasada edición do Concurso de Carteis Feira Tradicional Outrora Rubián-Bóveda. Arquivo EC.

 

• O Concello de Bóveda vén de publicar as bases da convocatoria do V Concurso de Carteis XIV Feira Tradicional Outrora 2016 de Rubián-Bóveda, na que se establece o 10 de xuño como data final para a entrega de traballos.
O tema dos deseños será a XIV Feira Tradicional Outrora de Rubián, e estarán ambientados nun mercado tradicional galego de finais do século XIX ata mediados do século XX. Os participantes poderán presentar ata 2 traballos, que deberán ser inéditos.
Os deseños deberán incluír un formato no que apareza a lenda “XIV Feira Tradicional “Outrora” Rubián-Bóveda 14 de Xullo de 2016”, con medidas totais de 42 x 59 cms, en disposición vertical, e con tipografía e técnica libres.
Os deseños poderán presentarse de dous xeitos. Por unha banda, poden entregarse en formato orixinal, sen firma e baixo lema ou seudónimo escrito na parte posterior do cartel, e acompañado dun sobre pechado dentro do que se incluirán todos os datos persoais e de contacto do autor. Os traballos así presentados entregaranse no Rexistro do Concello de Bóveda. Outro xeito é vía enderezo electrónico, a cultura@concellodeboveda.com. Deberán presentarse en formato jpg e pdf, a 300 ppp. Recoméndase cargar as fontes empregadas no cartel. No correo incluiranse datos persoais e de contacto, e o lema ou seudónimo do autor.
O premio para o cartel gañador é de 150 euros en metálico. O deseño será a imaxe oficial da feira.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A quiroguesa Rosa Arza, elixida presidenta de Novas Xeracións lucenses

Seguinte Nova

O Concello realiza traballos de asfaltado en rúas de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: