Deporte e viticultura déronse a man en Chantada

•Xogadores e corpo técnico do Río Natura Monbus Obradoiro presentaron o viño oficial do equipo na adega chantadina Via Romana

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A adega chantadina Via Romana acolleu, o 18 de maio, a visita ao completo dos membros do equipo de baloncesto Río Natura Monbus Obradoiro. O desprazamento tiña como obxectivo a presentación do Viño Oficial Obradoiro 2016, no entorno no que foi cultivado e elaborado. A ribeira de Chantada convertiuse así no punto de encontro do deporte e do viño.
En torno ao mediodía, os xogadores do Río Natura Monbus Obradoiro chegaron ás instalacións da adega Via Romana, acompañados polo seu adestrador, Moncho Fernández, membros do corpo técnico, e o director xeral e deportivo da entidade compostelana, José Luis Mateo. Na visita, exerceu de anfitrión Juan Luis Méndez, director xerente da adega Via Romana, quen relacionou a labor heroica dos xogadores do Obradoiro co traballo dos viticultores desta adega. Asimesmo, Méndez gabou o traballo conxunto que se está a facer por construír a marca Galicia Calidade.
Pola súa banda, José Luis Mateo lembrou que a relación do clube compostelán con Via Romana xa leva dúas tempadas. Mateo precisou que esta iniciativa “é unha evolución dun patrocinio que xurde coa intención de ter maior imaxe de marca”. Tamén precisou que a colaboración entre ambas entidades supón un palco en pista no Multiusos do Sar a disposición da adega, e a incorporación da insignia do clube na nova botella. O Viño Oficial Obradoiro 2016 ten unha edición limitada de 500 unidades.
Moncho Fernández destacou a importancia do “saber facer da tradición familiar” de Via Romana, “unha das moitas similitudes” co Obradoiro.
A expedición realizou unha visita guiada, da man do enólogo Óscar González. A continuación, disfrutaron dun xantar nas instalacións de Via Romana, ofrecido por Restaurante Os Pendellos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello realiza traballos de asfaltado en rúas de Monforte

Seguinte Nova

O teatro, un espazo universal para a integración

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: