Monforte defendeu o seu papel no comercio europeo no Foro sobre o Porto Seco

•Colaboración entre administracións, e elaboración da folla de ruta para incluir a plataforma na rede de transporte, conclusións do Foro celebrado en Monforte

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da FEGAMP e alcalde de O Barco de Valdeorras, Alfredo García; o alcalde de Monforte, José Tomé; e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, durante a inauguración do Foro "Futuro do Porto Seco de Monforte", celebrado na cidade do Cabe o 20 de maio. GPCM.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da FEGAMP e alcalde de O Barco de Valdeorras, Alfredo García; o alcalde de Monforte, José Tomé; e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, durante a inauguración do Foro «Futuro do Porto Seco de Monforte», celebrado na cidade do Cabe o 20 de maio. GPCM.

• O 20 de maio, o Pazo Condal de Monforte de Lemos acolleu a celebración do Foro «Futuro do Porto Seco de Monforte». A reunión de traballo estivo presidida polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao; o alcalde de Monforte, José Tomé Roca; o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alfredo García; e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

APROVEITAR A SITUACIÓN ESTRATÉXICA DO PORTO SECO DE MONFORTE COMO «PLATAFORMA LOXÍSTICA DE GALICIA»
O obxectivo principal desta xuntanza de traballo foi a elaboración dunha folla de ruta que determine os pasos a seguir «para converter en realidade o que no seu día foi deseñado como plataforma loxística de Galicia», según precisou o alcalde de Monforte. José Tomé lembrou que o Porto Seco está localizado nun emprazamento equidistante dos portos marítimos galegos, e ubicado na confluencia de liñas de ferrocarril que comunican coa Meseta e con Europa. O rexedor monfortino expresou a súa confianza en que «coas aportacións realizadas polos expertos da Universidade da Coruña, das Administracións, das Autoridades Portuarias e dos empresarios, imos facer que o Porto Seco sexa útil para o conxunto da economía e para axudar ó reequilibrio do país”.
A xuntanza de traballo tamén serviu para afianzar a unión entre administracións no reforzamento dos problemas que afectan á provincia de Lugo. Tomé destacou a presenza das alcaldesas de Sarria e Lugo neste Foro, e tamén se referiu á vontade do conselleiro de Economía, Francisco Conde, que “comparte esta estratexia de traballo conxunto e de colaboración entre Administracións”.
O alcalde de Monforte destacou así mesmo a importancia de «estar preparados» para cando entre en servizo o novo Canal de Panamá, que incrementará considerablemente o tráfico marítimo na fachada atlántica. Por este motivo, suliñou Tomé, «o Porto Seco é un asunto que afecta a toda Galicia, e non só a Monforte. «Os nosos portos teñen que ser protagonistas no novo escenario mercantil». Tomé argumentou que «Monforte está en condicións de ofrecer o que necesitan os portos galegos, porque é o único sitio de Galicia que pode conformar trens de 800 metros, que é o tamaño das composicións que imperan en Europa”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A adega soberina Regina Viarum acada a distinción Q de Calidade Turística

Seguinte Nova

A quiroguesa Rosa Arza, elixida presidenta de Novas Xeracións lucenses

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: