O CCA Ribeira Sacra de Chantada pon en marcha a campaña Pekechan

• A Asociación de Empresarios de Chantada- CCA Ribeira Sacra vén de iniciar a campaña promocional Pekechan, destinada aos nenos e nenas dos colexios de Chantada con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos.

DESTINADA AOS ESCOLARES DE 4 A 10 ANOS
Según explicaron na Asociación de Empresarios chantadinos, os responsables da iniciativa están a repartir polos colexios Eloísa Rivadulla e Xoán de Requeixo pasaportes para todos os nenos que poden participar na campaña.
Con este pasaporte, obterán un selo por cada compra de importe igual ou superior a 10 euros nos establecementos asociados ao CCA Ribeira Sacra. Para completar o pasaporte, débense rexistrar un total de 10 selos, obtidos en establecementos asociados diferentes.

PARA TALLERES DE MANUALIDADES
Unha vez cheo o pasaporte, haberá que entregalo na sede da Asociacion de Empresarios de Chantada-CCA Ribeira Sacra. Deste xeito, o neno ou nena titular do pasaporte terá dereito a acudir a obradoiros de manualidades no mes de xullo.
O prazo para entregar os pasaportes completados remata o 17 de xuño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentada a nova campaña promocional “Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra”

Seguinte Nova

A Tradescola encheu a Praza de San Marcos na homenaxe a Manuel María

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss