O Concello realiza traballos de asfaltado en rúas de Monforte

Os traballos de asfaltado de rúas urbanas e rurais en Monforte comezou o pasado 18 de maio. GPCM
Os traballos de asfaltado de rúas urbanas e rurais en Monforte comezou o pasado 18 de maio. GPCM

• O día 18 comezaron os traballos de asfaltado de diversas rúas do municipio de Monforte. A brigada municipal de obras iniciou estas tarefas na contorna da urbanización das Acacias, para continuar os traballos polo Camiño Real, á altura do Infanta Elena, polos arredores do cemiterio, en Cobas e tamén en Juan Montes. Os traballos continúan en diversos puntos das parroquias monfortinas. Según explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, “coa posta en marcha desta campaña de asfaltado, estamos dando cumprimento a un dos compromisos deste equipo de goberno para mellorar varias rúas”. Tomé destacou que estes traballos buscan “corrixir todos os desperfectos que as chuvias ocasionaron este pasado inverno sobre o firme das calzadas”.

MÁIS SEGURIDADE
O alcalde destacou que estes traballos van contribuír a “incrementar a seguridade á hora de circular con vehículos”, ao eliminar as fochancas do firme. Dende o Concello explicaron que o investimento destinado a esta campaña de mellora do asfaltado das rúas rolda ós 30.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata o 10 de xuño está aberto o prazo para enviar traballos ao V Concurso de Carteis XIV Feira Tradicional Outrora 2016 de Rubián-Bóveda

Seguinte Nova

Deporte e viticultura déronse a man en Chantada

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss