O trío junior do club Neka sitúase no primeiro posto no ranking da selección española de taekwondo

•O ouro acadado no Open de Andalucía por Carlos Rey, José Roca e Alex Camba pon en cabeza aos de Monforte para representar a España no Mundial de Perú

•Na modalidade de combate, Junior Martínez confirmou o seu posto na selección galega

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

•No club Neka de Monforte están de noraboa, logo do seu exitoso paso polo Open de Andalucía de técnica, celebrado en Sevilla o 21 de maio, e puntuable para a selección española.

DE PRIMEIROS NO RANKING DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE TRÍO
O trío junior formado por Álex Camba, José Roca e Carlos Rey conseguiu a medalla de ouro, o que sitúa a este combinado do Neka no primeiro posto do ranking da selección española, con moitas opcións de representar a España no vindeiro Mundial de Perú. “Estamos moi contentos, é un logro moi importante”, suliña José Mª Vega, adestrador do club Neka. “Estamos pendientes do que pase no Campionato de España, porque se quedamos primeiros alí, xa estaríamos dentro da selección”, comenta Vega, quen envía tamén unha mensaxe de prudencia. “Aquí facemos como o Cholo no Atlético, imos campionato a campionato”, precisa, “iremos ao Campionato de España, o 11 de xuño, a por todas, pero aínda non temos nada”.

DOUS DEPORTISTAS NO RANKING INDIVIDUAL NACIONAL
A nivel individual, o Open de Andalucía rematou cun exitoso bronce de Alex Camba, e cun excelente papel de José Roca e Carlos Rey. Deste xeito, o Neka consigue ter dous deportistas, Carlos Rey e Alex Camba, no ranking individual da selección española.

JUNIOR MARTÍNEZ, NA SELECCIÓN GALEGA DE COMBATE
Os éxitos acompañaron tamén aos de Neka na modalidade de combate. Na xornada de preselección do día 21, Junior Martínez confirmou a súa praza na selección galega. Pola súa banda, Víctor Iglesias realizou unha excelente proba, con posibilidades de sumarse ao combinado galego .•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CV Ribeira Sacra suma outro éxito ao proclamarse campión galego cadete feminino

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón acolleu un curso sobre consellos para unha vida saudable

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss