Presentada a nova campaña promocional “Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra”

• Cada usuario que complete os 8 selos do pasaporte recibirá unha botella de viño da D.O.Ribeira Sacra • Tamén participarán no sorteo de 36 voos en globo aerostático pola Ribeira Sacra, con noite de aloxamento incluída para os residentes fóra dos 21 concellos da Ribeira Sacra • Os voos faranse entre outubro e novembro

A presentación da nova campaña do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra tivo lugar en Portomarín o día 20 deste mes, coa presenza dos alcaldes dos municipios deste organismo, ademais da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; as delegadas da Xunta en Lugo e Ourense, e o presidente do Consorcio, Luis Fernández Guitián. (Foto cedida).
A presentación da nova campaña do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra tivo lugar en Portomarín o día 20 deste mes, coa presenza dos alcaldes dos municipios deste organismo, ademais da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; as delegadas da Xunta en Lugo e Ourense, e o presidente do Consorcio, Luis Fernández Guitián. (Foto cedida).

• O día 20 de maio presentouse en Portomarín a nova campaña promocional do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

REGALO DUNHA BOTELLA DE VIÑO AO COMPLETAR O PASAPORTE, E SORTEO DUNHA VIAXE EN GLOBO
Baixo o título de “Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra”, a campaña busca premiar a presenza dos turistas neste territorio. Así, os visitantes poderán solicitar o seu pasaporte nas Oficinas de Turismo ou aloxamentos, e unha vez completado, serán obsequiados cunha botella de viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e participarán no sorteo dunha viaxe en globo para dúas persoas.

CONDICIÓNS PARA DISFRUTAR DO PASAPORTE DA RIBEIRA SACRA
Según explicaron os responsables da iniciativa, a campaña está operativa dende o 20 de maio ata o 30 de setembro de 2016, cunha distribución de 4.000 pasaportes, e un máximo de 1.000 admitidos, polo que se dará aviso aos establecementos cando se acade esta cifra, para proceder á retirada dos que non foran entregados.
Para poder participar na promoción, os usuarios deberán ser maiores de idade, e incluir nos pasaportes os datos persoais e un total de 8 selos. Os pasaportes serán depositados nunha das urnas pechadas e situadas nas Oficinas de Turismo da Ribeira Sacra.
Os selos corresponderán a establecementos de calquer tipo, agás igrexas ou capelas sen apertura ao público, incluídas na Guía de Servizos do Consorcio. No caso das adegas, deberán formar parte da Ruta do Viño da Ribeira Sacra.
Sortearanse 36 voos en globo aerostático pola Ribeira Sacra para dúas persoas, valorado en 500 euros, e bono-regalo de 40 euros para unha noite de aloxamento, só no caso de domiciliados fóra dos 21 concellos da Ribeira Sacra. Está previsto que os voos se realicen nunha fin de semana entre o 15 de outubro e o 6 de novembro de 2016. Dado que se vai depender das condicións meteorolóxicas, avisarán aos premiados con tan só 4 días de antelación. Se houbese mal tempo, aprazaranse ata novo aviso.•

•Turismo de Galicia aporta 200.000 euros para promocionar a Ribeira Sacra

• O mesmo día da presentación da campaña promocional que premia as presenza na Ribeira Sacra, tiña lugar no Concello de Portomarín a sinatura do convenio para promocionar este territorio como destino de interior. Na sinatura participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián.
Según explicaron, Turismo de Galicia achegará 200.000 euros para mellorar os soportes de información, incrementar as accións de promoción e aumentar a oferta turística da Ribeira Sacra.

VISITAS AO ROMÁNICO
En virtude deste convenio, que estará vixente ata 2017, deseñaranse novos materiais informativos e planos turísticos da Ribeira Sacra. Ademais, incrementarase a oferta dispoñible poñendo en marcha novos produtos como as “Rutas do Románico”, que serán visitas organizadas a mosteiros, igrexas e capelas, posibilitando o acceso do visitante con explicacións especializadas dun guía oficial.

SENSIBILIZAR AOS ESCOLARES
Por outra banda, o convenio inclúe a realización de varias campañas, como a “Party Ribeira Sacra”, un xogo dirixido a sensibilizar a escolares sobre a rexión; a actividade “Pasaporte ás nubes”; e a programación da “Caída da Folla”, que inclúe talleres de fotografía ou recorridos paisaxísticos pola zona durante o outono, época do ano na que a Ribeira Sacra presenta gran beleza pola policromía da súa vexetación.

POSIBLE FESTIVAL DE SENDEIRISMO
Según Turismo de Galicia, o convenio tamén poñerá en valor o enoturismo e a viticultura na rexión, continuando con iniciativas como a do “Viñobús”. Así mesmo, para recuperar espazos públicos degradados, incrementaranse os murais exteriores de arte urbana. Tamén se estudará a organización dun festival de sendeirismo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte será a sede do Campionato Galego de Voleibol cadete feminino

Seguinte Nova

O CCA Ribeira Sacra de Chantada pon en marcha a campaña Pekechan

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: