Visita institucional ao polígono industrial de Taboada

A mediados de maio, o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou as instalacións do parque empresarial de Taboada, onde destacou as melloras realizadas polo Goberno local co apoido do financiamento autonómico. Según lembrou Tahoces, o ano pasado, cun apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria de preto de 96.000 euros e, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, o Goberno local de Taboada desenvolveu un proxecto centrado na urbanización da Vía 20 deste polígono. A obra permitiu conectar as vías 10 e 30, xa urbanizadas, ademais de executar as obras correspondentes á rede de augas residuais e pluviais. O director xeral precisou que esta actuación sirve para favorecer a consolidación do parque empresarial, e tamén para promover a competitividade das empresas xa instaladas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Pobra do Brollón acolleu un curso sobre consellos para unha vida saudable

Seguinte Nova

Compromiso do Goberno local para resolver as demandas dos empresarios do Reboredo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: