A Deputación de Lugo e APEC presentaron o primeiro estudo sobre o parque de vivendas da provincia

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción, Hipólito Trinidad, durante a presentación do estudo sobre o parque de vivendas da provincia de Lugo, o pasado 30 de maio.  GPDL.
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción, Hipólito Trinidad, durante a presentación do estudo sobre o parque de vivendas da provincia de Lugo, o pasado 30 de maio. GPDL.

• A finais do mes pasado, deuse a coñecer en Lugo o primeiro estudo sobre o parque de vivendas da nosa provincia. Este proxecto pioneiro elaborouse no marco do programa Reacciona 2020 APEC, executado pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) e financiado na súa totalidade pola Deputación de Lugo.

COÑECER A SITUACIÓN DO PARQUE DE VIVENDAS, E TAMÉN O IMPACTO ECONÓMICO E LABORAL DA MELLORA EFICIENTE DOS EDIFICIOS
Según explicou o presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, os obxectivos que impulsaron á Deputación a custear este estudo foron, en primeiro lugar, «conseguir a primeira radiografía sobre a situación das vivendas que existen no conxunto da nosa provincia», e poñelo a disposición de Concellos e empresas. Por outra banda, o organismo provincial tamén pretendía «coñecer o impacto económico e laboral que suporía a mellora eficiente destas edificacións, cumprindo coa normativa europea 20/20/20.»
Según explicou o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción, Hipólito Trinidad, este estudo deberá «servir de referencia para a construción de edificios con eficiencia enerxética na nosa provincia». Pola súa banda, os técnicos da APEC, Fernando García Novo e Jesús Bargados, e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Piñeiro, ofreceron datos concretos sobre a situación xeral e as perspectivas dun parque de vivendas máis eficientes. Das 124.063 vivendas que hai na provincia, o 98% son susceptibles de melloras eficientes, con arranxos de pouca inversión que poderían rebaixar o consumo enerxético. En datos concretos: nun prazo de 10 anos, aforraríanse 151.304.885 euros en combustible, xa que se consumirían 302.609 litros menos de gasóleo, e se reducirían as emisións de CO2 en 732.512 toneladas.
Sobre estes datos, o presidente da Deputación avanzou que estas melloras eficientes suporían a creación, no mesmo prazo de 10 anos, de preto de 48.000 empregos.
Según explicaron os técnicos da APEC e o representantes da USC, para realizar o estudo empregouse un sistema de Información Xeográfico, que permite acceder aos datos de cada un dos edificios da provincia. Avaliáronse aquelas fincas catastrais que teñen uso de vivenda, sen ningún tipo de reforma, e que son anteriores ao ano 1980. Tamén se tiveron en conta as vivendas construídas ou reformadas entre 1980 e 2006, xa que unha actualización con melloras no illamento do edificio incidirían positivamente no peto e na calidade de vida dos usuarios.
A recompilación de datos empregou técnicas de big data, enquisas a empresas do sector da construción para a estimación de número de traballadores, xornadas de traballos e custes nos traballos de rehabilitación enerxética. Os datos extraídos son individualizados, xa que se empregou un modelo econométrico que analiza o impacto destas medidas en empregos directos, xerados, ou recuperación das inversións, entre outros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas piden un mínimo de dous médicos para o municipio de O Incio

Seguinte Nova

Presentado o Programa Deportivo de Verán 2016 do Concello de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: