A UAD PUBLICA O BOLETÍN PARA PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS NA XUVENTUDE

•A Unidade de Asistencia a Drogodependencias (UAD) de Monforte vén de publicar o boletín de xuño para nais e pais, sobre prevención dende a familia do consumo de drogas na xuventude. Partindo da idea de que a prevención na casa é a mellor axuda, o boletín sinala os factores de risco que poden ser favorecedores do consumo de drogas polos xoves. Así mesmo, a publicación explica que é o que poden facer os pais e nais para evitar que os seus fillos e fillas consuman drogas. Tamén especifican que é o que non se debe facer nestes casos, evitando situación de incomunicación ou de violencia cos xoves. O boletín pode consultarse na web www.monfortedelemos.es, no apartado Saúde e Sanidade, e no Facebook da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A selección de fútbol infantil da comarca de Sarria participa por terceiro ano consecutivo no Torneo Internacional de Guerledan

Seguinte Nova

“Artesanía en curso” levará obradoiros, cursos e demostracións artesanais a todas as comarcas lucenses

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: