• Continúa o programa da XXIX Rota do Románico de Pantón. O venres 10 de xuño, ás 20 horas, o salón de actos do Concello de Pantón vai acoller a conferencia “Os santos titulares de parroquia en Pantón e Galicia. Un patrimonio cultural noso, digno de memoria”, a cargo do historiador e etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo.
O domingo 12 de xuño, a partir das 19 horas, terá lugar a actuación do grupo de cámara Ensemble Aurum, na igrexa do mosteiro das Bernardas de Ferreira, dentro da V Edición da Sinfonía no Mosteiro.•