Monforte lembra a figura de Banet Fontenla, un dos fundadores da Real Academia Galega e membro das Irmandades da Fala

O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado do concelleiro de Servizos, José Luis Losada, durante a colocación do pedestal na honra de Manuel Banet Fontenla. A inauguración está prevista para o venres 10 de xuño, ás 19 horas.  GPCM.
O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado do concelleiro de Servizos, José Luis Losada, durante a colocación do pedestal na honra de Manuel Banet Fontenla. A inauguración está prevista para o venres 10 de xuño, ás 19 horas. GPCM.

• O Concello de Monforte lembrará cun pedestal e placa na contorna de San Vicente, á figura de Manuel Banet Fontenla, un dos fundadores da Real Academia Galega, e impulsor das Irmandades da Fala. Banet Fontenla estivo vinculado a Monforte, onde exerceu como notario a comezos do século XX. A inauguración do pedestal está prevista para o venres 10 de xuño, a partir das 19 horas, coa presenza do Presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xaquín Monteagudo, neto do homenaxeado.

MONFORTE E AS IRMANDADES DA FALA
Según explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, este acto está integrado na homenaxe ás Irmandades da Fala polo seu centenario. “A placa na honra de Manuel Banet Fontenla vai estar ubicada en San Vicente posto que a IV Asemblea das Irmandades da Fala celebrouse en Monforte no ano 1922, e hai constancia de que os seus membros visitaron as instalacións que hoxe forman parte do Parador de Turismo”, precisou o alcalde.
Monforte foi o lugar escollido pola Irmandade Xurídica Galega, herdeira do colectivo cultural fundado hai 100 anos, para conmemorar dita efeméride. Así, trala inauguración do pedestal, terá lugar na Casa da Cultura, a partir das 20 horas, unha conferencia do profesor José Antonio Gómez Segade, que afondará no papel desempeñado polas Irmandades da Fala. O acto contará coa participación da Coral Polifónica e dun zanfonista.
O sábado día 11, a Casa da Cultura acollerá, a partir das 12, a IX Asemblea anual da Irmandade Xurídica Galega, que contará coa participación, entre outros, do escritor Luis Manuel García Mañá e o secretario da Irmandade Xurídica Galega, Xosé González.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

“Artesanía en curso” levará obradoiros, cursos e demostracións artesanais a todas as comarcas lucenses

Seguinte Nova

Os socialistas piden un mínimo de dous médicos para o municipio de O Incio

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: