Monforte recoñeceu aos mellores deportistas do ano na Gala do Deporte

Foto de familia dos deportistas e representantes de clubes, recoñecidos na Gala do Deporte celebrada a finais do mes pasado. GPCM.
Foto de familia dos deportistas e representantes de clubes, recoñecidos na Gala do Deporte celebrada a finais do mes pasado. GPCM.

• A finais do mes pasado, o Concello de Monforte celebrou unha nova edición da Gala do Deporte, na que recoñece o talento e a dedicación dos deportistas e clubes da cidade do Cabe. Os premios foron entregados nun acto celebrado na Casa da Cultura, coa presenza do alcalde de Monforte, José Tomé, e membros da Corporación local.

PREMIADOS
Os galardóns individuais da Gala do Deporte recoñecen aos mellores deportistas absolutos, e tamén ás xoves promesas, ademais de reservar unha mención para o adestrador máis destacado, e tamén para o mellor árbitro do ano.
O premio ao mellor deportista absoluto foi para Andrés Saco, do club de piragüismo Quixós, e para Saleta Fernández, atleta campiona de España de salto de altura. Na categoría de mellor deportista promesa, os galardóns corresponderon a Nicolás Díaz, do club de piragüismo Quixós, e Antía Vallecas, xogadora monfortina de voleibol que compite na CAEP Soria.
A Gala do Deporte recoñeceu como mellor adestrador a Pablo Diéguez, do Club Natación Monforte. O galardón ao mellor árbitro correspondeu a Ibán Mariño, que realiza o seu labor na liga de fútbol.
A Gala do Deporte tamén reserva un recoñecemento para o traballo dos clubes. O premio para o club máis destacado na promoción do deporte correspondeu ao C.P. Calasancio de fútbol. Por outra banda, o galardón á deportividade e xogo limpo foi para o C.B. Val de Lemos.

RECOÑECEMENTOS ESPECIAIS
A Gala do Deporte de Monforte inclúe cada ano diversas mencións especiais para persoeiros históricos do deporte local. Así, foi premiado Juan Carlos Álvarez Moure, que practicou o balonmán dende principios dos anos 70 ata finais dos 80, ademais de participar na creación do Club de Balonman San Lázaro.
Así mesmo, recibiou un recoñecemento Perfecto Rodríguez Losada, máis coñecido como “Fabas”, afamado ciclista da cidade do Cabe que participou na Volta Ciclista a Galicia e noutros torneos de prestixio a nivel nacional, como a Volta Ciclista a Palencia.
Outro dos galardoados con mención especial foi José Manuel Rodríguez del Caño, que exerceu como profesor de Educación Física no Colexio San Antón durante 30 anos, foi promotor da ximnasia deportiva en Monforte e autodidacta. Del Caño adicou toda unha vida á Educación Física e o Deporte como practicante e como docente.
A Gala premiou tamén a traxectoria de Ramón Díaz, presidente e fundador do Club de Tenis Catro Ventos, Director Técnico do Club Fluvial de Monforte, do Fluvial de Lugo e do Club de Tenis Rúa. Dirixe a Escola do Club Tenis Catro Ventos e imparte clases na Escola Municipal de Pádel no Club de Pádel Padelante.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CÍRCULO RECREATIVO ACOLLERÁ O GRAN TORNEO OPEN VILA DE CHANTADA DO 14 AO 25 DE XUÑO

Seguinte Nova

Sarria, sede da fase inicial do Campionato de España infantil de baloncesto masculino

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: