Novas propostas para disfrutar da carne de vaca en Monforte

•O restaurante Manuel Bistró organiza do 10 ao 19 de xuño unhas xornadas gastronómicas con preto de 20 pratos diferentes

• Do 10 ao 19 de xuño, o restaurante Manuel Bistró de Monforte organiza unhas xornadas gastronómicas en torno á carne de vaca. Según explicaron os responsables da iniciativa, as xornadas buscan ofrecer «o perfecto equilibrio» entre os produtos galegos da carne de vaca e o viño da Ribeira Sacra, así como da calidade no servizo e na elaboración aportados polo establecemento.

COCIÑA DE PROXIMIDADE E DE TEMPADA
«A nosa obsesión en Manuel Bistró é contar con produtos 10, da máxima calidade, e ademais produtos Km0, é dicir, que sexan galegos, xa que o mellor o temos ao lado da casa, o que nos permite centrarnos na cociña de proximidade e de tempada», suliñou Manuel Fernández Pérez, xerente de Manuel Bistró. De aí que aposten para estas xornadas pola maridaxe entre os viños da Ribeira Sacra e a carne de vaca suministrada pola empresa monfortina Gutrei Galicia.

CARNE DE VACA GALEGA ALIMENTADA EN PASTOS NATURAIS
Esta firma selecciona «as mellores vacas de toda Galicia, alimentadas con pastos naturais ao aire libre, complementando a súa alimentación cos cereais cultivados polos propios gandeiros», según explicaron os responsables das xornadas gastronómicas.

UN PRATO PARA CADA CORTE DE CARNE
Para amosar todas as posibilidades de sabor e de preparación da carne de vaca galega, as xornadas gastronómicas que se van desenvolver en Manuel Bistró ofrecerán un total de 18 pratos diferentes, un por cada corte das reses. Nos primeiros pratos, poderase disfrutar da contra, preparada como carpaccio da vaca premium á mostaza de Dijon, ou a falda presentada como ovo a baixa temperatura sobre trinxat de vaca premium en salsa de chocolate. O morcillo poderase degustar como coulant de vaca premium, ou a babilla preparada como mussaka de berenxena e vaca premium, entre outras presentacións. A carta especial das xornadas inclúe novidades como sushi carnívoro, bricks de vaca no seu mollo, ou steak tartar.
Como segundos pratos, as xornadas inclúen varios tipos de chuletón, solomillo e entrecot, ademais de sorprendentes creacións como o arroz meloso de vaca, boletus e trufa negra, o xarrete de vaca con verduriñas asadas ao tomiño, ou o ragout de vaca con guisantes frescos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria ensalzará a cultura e a historia galegas na I Festa Irmandiña

Seguinte Nova

Ribas de Sil ensalza os produtos da terra na XIV Festa da Cereixa e do Aceite

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: