•O trío junior formado por Álex Camba, José Roca e Carlos Rey busca unha vitoria e así representar a España no Mundial
• Un total de 10 deportistas integran a plantilla do club Neka que participará no Campionato de España de Clubes, o 11 de xuño en Castellón.
SEIS DO NEKA NA SELECCIÓN GALEGA
Deste grupo, competirán dentro da selección galega, na categoría junior, Álex Camba, Carlos Rey e José Roca, con doble participación individual e en trío; na categoría benxamín, estarán coa selección galega Laura Álvarez e Marco García, e en infantil participará Carlos Fernández.
Ademais dos monfortinos que competirán no combinado autonómico, no Campionato de España de Clubes defenderán ao Neka Carla Pardo, actual subcampiona de España benxamín, o taboadés Daniel Areán, e a monfortina Karla Novo. Estes dous deportistas estréanse en competición nacional. Pola súa banda, Elena Varela representará ao Neka na modalidade de freestyle, primeira vez que o clube monfortino se presenta nesta especialidade de competición.
“RECORD DE TRABALLO”PARA ESTE CAMPIONATO
Conscientes de que se xogan o pase á selección española e ao Mundial de Perú, os compoñentes do trío junior do Neka, Camba, Rey e Roca, batiron o seu record de traballo. “Aquí se entrenou seis e sete días por semana, ademais de estar en moitos campionatos nestes últimos meses”, suliña o adestrador, José Mª Vega. “Soñar é gratis, pero que puideran estar os tres no Mundial de Perú sería un soño, porque é o máximo nivel mundial ao que se pode chegar”, destaca.•