Os socialistas piden un mínimo de dous médicos para o municipio de O Incio

•A deputada Concepción Burgo advertiu que o concello pasou de ter 3 médicos en 2011 a contar só con un

• A deputada socialista Concepción Burgo reclamou á Consellería de Sanidade que cubra as baixas dos médicos de O Incio, «garantindo unha atención mínima de dous profesionais en todo momento». Burgo advirte que o Concello pasou de tres facultativos en 2011 a tan só un na actualidade.

«MALA ASISTENCIA SANITARIA» PARA UNHA POBOACIÓN «ENVELLECIDA E DISPERSA POR 28 PARROQUIAS»
Na proposición non de Lei presentada no Parlamento de Galicia a mediados de maio, a deputada socialista responsabilizou ao Goberno galego da situación actual deste Concello. Según Burgo, O Incio padece unha “inaceptable restrición do servizo médico e unha mala asistencia sanitaria como consecuencia directa dos recortes orzamentarios de Feijóo». Hai que ter en conta que O Incio, situado na Montaña lucense, conta cunha poboación envellecida e dispersa por 28 parroquias e máis de 100 núcleos de poboación ao longo dos 146 quilómetros cadrados que ocupa o termo municipal.

CENTRO DE SAÚDE «DESATENDIDO» SE HAI URXENCIAS OU CONSULTAS DOMICILIARIAS
Concepción Burgo alertou de que o único facultativo que se mantén na localidade ten que atender “tanto á consulta diaria como ás urxencias, de maneira que, de producirse unha, ou ter que facer unha consulta domiciliaria, o Centro de Saúde queda absolutamente desatendido”. Ademais, este profesional ten que asumir a asistencia médica a unha residencia da terceira idade que conta con máis de 100 persoas usuarias.

O PLENO MUNICIPAL DE O INCIO XA RECLAMARA A ASIGNACIÓN DE ALOMENOS DOUS MÉDICOS EN TODO MOMENTO
Na súa proposición presentada ao Pleno da Cámara galega, a deputada socialista transmitiu o sentir dos veciños e veciñas de O Incio, que están «francamente preocupados pola situación de colapso” do centro sanitario. Burgo lembrou que esta queixa veciñal foi levada ao Pleno municipal que, por unanimidade de todas as forzas políticas, solicitou a prestación de alomenos dous médicos en todo momento, e que se cubriran as baixas do persoal facultativo.

BURGO: «HAI QUE ASEGURAR O DEREITO ASISTENCIAL DA VECIÑANZA DE O INCIO»
Burgo suliñou que na súa proposición non de Lei, está a recoller esta demanda veciñal. A socialista defenderá no Parlamento unha iniciativa nos mesmos termos que a aprobada polo Pleno de O Incio, co obxectivo de “asegurar o dereito asistencial dos veciños e veciñas do dito Concello”.

OS RECORTES EN SANIDADE E EDUCACIÓN «FAVORECEN O DESPOBOAMENTO DO RURAL LUCENSE»
A deputada socialista lamentou que, «aos recortes aplicados nas escolas primarias iniciado polo Goberno galego, hai que engadir os de sanidade». Burgo alertou de que estas medidas «non fan posible fixar poboación no rural», co que «se favorece o despoboamento de provincias como Lugo». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte lembra a figura de Banet Fontenla, un dos fundadores da Real Academia Galega e membro das Irmandades da Fala

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo e APEC presentaron o primeiro estudo sobre o parque de vivendas da provincia

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: