
•O 28 de maio, o CEIP A Gándara de Monforte participou no Campionato Provincial Federado de Voleibol benxamín e alevín, na Casa do Deporte de Lugo.
O equipo benxamín feminino proclamouse subcampión, detrás do Emevé lucense, e o Gándara B acadou o cuarto posto da categoría. En masculino, os da Gándara non puideron cumprir a revancha da final do campionato escolar, e repetiron o segundo posto diante do Emevé.
Xa na categoría de alevín, o equipo masculino da Gándara acadou un segundo posto, demostrando unha gran superioridade fronte aos seus rivais. Na proba feminina, o podio estivo copado polas monfortinas, xa que o Escolapios se proclamou campión, e as xogadoras da Gándara foron subcampionas, un excelente resultado nunha proba que congregou a un total de 10 equipos.•